O Concello renova 341 puntos de luz por tecnoloxía LED por todo o casco urbano e o Estadio de San Pedro

O Concello renova 341 puntos de luz por tecnoloxía LED por todo o casco urbano e o Estadio de San Pedro

As melloras tecnolóxicas, a concienciación social e o incremento do prezo da enerxía motivou que nos últimos anos se centren esforzos na renovación do alumeado público de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, utilizando tecnoloxías máis modernas que axuden ao medio ambiente e ao aforro de cartos públicos.

Nese sentido, Marín vén de executar un ambicioso proxecto de renovación de luminarias, cambiando 341 puntos de luz do casco urbano e no Estadio Municipal de San Pedro por tecnoloxía LED, instalando unha potencia total de 50.870 W.

Para levalo a cabo, foi preciso realizar unha inversión de 195.775,18 euros, que procede dun convenio coa Deputación para a xestión dunha subvención do IDAE, quedando o reparto económico da seguinte forma: 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Instituto para a Diversificación e Aforro  da  Enerxía  (IDAE);  10%  da  Deputación  Provincial  e  10%  das  arcas municipais.

Con este proxecto, conseguiuse reducir a potencia instalada e o consumo asociado, mellorando a calidade da iluminación e mellorando a eficiencia das instalacións, sen ter que incrementar o número de puntos de luz á vez que se cumple cos niveis esixidos de luminancia.

A actuación desenvolveuse en diversas partes do casco urbano, sendo esta a distribución por bloques e por número de luminarias:

ZonaLuminarias renovadas
Banda do Río e as súas transversais Subida á Rúa do Forte36
Augusto Miranda9
Rúa do Sol Rúa RealRúa Almuíña Rúa Echegara y Ribeira de Arriba Praza da Veiguiña Secundino Lorenzo Rúa do Forno181
Concepción Arenal23
Fondo do Saco Rúa da RódaMéndez Núñez30
Méndez Núñez Rúa Estrada26
Campo de fútbol e pista de atletismo de San Pedro32
Anterior O Concello axuda ás ONGs no seu esencial labor con cerca de 22.000 euros

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados