O Concello redacta o proxecto para a senda peonil na estrada do Pazo grazas a unha subvención da Deputación

O Concello redacta o proxecto para a senda peonil na estrada do Pazo grazas a unha subvención da Deputación

O Concello de Marín quere continuar co seu programa de melloras nas infraestruturas viarias do municipio, traballando por unha mobilidade cómoda e por servizos públicos de calidade, que permita á veciñanza tanto do casco urbano como do rural utilizar diferentes formas de desprazamento, sempre con seguridade.

Por iso, o Goberno local encargou a redacción do proxecto da senda peonil na estrada  de  O  Pazo,  en  Ardán,  unha  vía  de  acceso  fundamental que vai entre Xuncal e O Pazo, cuxas marxes da calzada son a única vía de comunicación peonil. Esta zona non ten sinalización, o seu pavimento é irregular e non hai condicións de seguridade e accesibilidade para poder garantir un bo tránsito.

A actuación que se proxecta é a construcción dunha senda segregada do tráfico rodado, creando algunhas zonas de convivencia onde sexa preciso nas que os vehículos terán que aminorar a velocidade a 20 quilómetros por hora.

Ademais, adecuarase o entorno da entrada do Cemiterio de Ardán, mellorando a súa accesibilidade e recuperando o espazo ao mesmo, dando continuidade á senda a través dun paso peonil sobreelevado. Aproveitando a actuación, tamén se rehabilitará o pavimento da calzada destinada aos coches, para deixar todo o tramo en perfecto estado.

“Agora temos xa o proxecto listo para poder empezar a buscar financiación para executalo, que será unha das nosas prioridades”, asegurou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que recordou que a redacción deste proxecto foi posible grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra para este fin nos concellos adheridos á Rede Ágora, da que Marín forma parte desde o 2020.

Anterior O Goberno local defende a protección do patrimonio, pero “non podemos votar si a unha subvención da que non coñecemos os requisitos nin as esixencias”

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados