O Concello recuperará os campos de petanca no parque infantil de Virxe do Carme
Bolas de petanca

O Concello recuperará os campos de petanca no parque infantil de Virxe do Carme

Marín quere recuperar estas instalacións para poder ofrecer á cidadanía e ás asociacións que se adican á práctica e recuperación de deportes e xogos tradicionais un espazo para eles.

Marín, 11 xuño 2024

A petanca, ao igual ca outros xogos populares tradicionais como a billarda, a chave, a rá ou a mariola, non só cubren a necesidade de inculcar na cidadanía hábitos saudables ao aire libre (para os que é preciso dotar aos espazos públicos comunitarios de instalacións que permitan a súa práctica), senón que tamén son parte do acervo tradicional e cultural galego, preservando as tradicións populares e garantindo a súa traslación xeracional e, por ende, a súa pervivencia social.

Así o entende o Concello de Marín, que recuperará as dúas pistas que existían no parque infantil de Virxe do Carme. A empresa Garocaprim será a encargada de executar os traballos para o adecentamento do espazo e a súa recuperación como pistas de petanca, cunha inversión de 13.297 euros.

O obxectivo é que poidan estar listas canto antes para acoller actividades organizadas por asociacións que se adican á practica e á recuperación deste tipo de deportes e xogos.

Anterior O Concello actúa nos accesos a Matos B e C, único acceso ata as vivendas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados