O Concello recalca a transparencia da Festa Corsaria

O Concello recalca a transparencia da Festa Corsaria

A organización da Festa Corsaria é un traballo incansable que se leva adiante desde o Concello coa máxima transparencia, a través da contratación de empresas privadas que surten á festa de todas as necesidades de loxística, organización e posta en marcha das actividades.

Pero precisamente a grandeza da Festa Corsaria pasa tamén por ser un evento con colaboración de múltiples asociaciónsda vila e da contorna, que poden así promocionar a súaactividade e recibir na maior parte dos casos unha remuneración pola súa colaboración.

En virtude da transparencia, estas serían as asociacións que participaron da Corsaria:

ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA BATALLA DE RANDE:

Colocaron un posto no Parque Eguren no que promocionaron a súa festa, ademais de prestar traxes e armas, tamén participaron no Desfile Inglés e fixeron pasarrúas durante todo o evento.

ASOCIACIÓN CULTURAL, XUVENIL E DEPORTIVA COMBRUS e ASOCIACIÓN CULTURAL VAMOS A TODO:

Colaboraron a través do préstamo/alquiler de distintos elementos de atrezo e ambientación, como o Barco Inglés, o Barco Corsario, canóns, carros e outros obxectos, ademais de aportar persoal voluntario para a custodia e coidado do barco durante o desfile. Retribuíuse con 2.700 euros á primeira e 2.299 euros á segunda.

ASOCIACIÓN TROMPOS OS PÉS:

Pola actuación da Batucada Maracumbé Bloco, retribuida con

1.000 euros, ao longo do día.

ASOCIACIÓN MÚSICO CULTURAL CHARANGA NOROESTE:

Pola súa actuación da Charanga Noroeste, retribuida con 950 euros, por todo o día.

ASOCIACIÓN CULTURAL AXÉ BAHÍA BATUCADA:

Pola súa actuación, retribuida con 1.300 euros, por todo o día.

ASOCIACIÓN AMIGOS DOS RAPACES:

Colaboraron coa dinamización e decoración da zona do Lameira, retribuida con 600 euros.

A estas, súmanse outras moitas asociacións activas de Marín que participaron con postos, demostracións e decoración no evento na Alameda, Parque Eguren ou Praza 8 de Marzo.

Desde a empresa encargada da xestión e loxística do evento, ademais, adxúntase a documentación referida ás persoas que traballaron no evento e que estiveron debidamente aseguradas, que foron as que realmente desempeñaron traballos imprescindibles para a celebración da festa.

Desde o Concello, recalcamos tamén que non se contratan directamente a traballadores, senón a varias empresas que se encargan da organización da festa e sobre os que recae a contratación.

Esperamos que en caso de que algún grupo detectase irregularidades, cursen a conveniente denuncia, xa que senón están realizando acusacións graves sen unha base sólida.

Anterior Colocados puntos de igualdade con recursos de concienciación para a cidadanía en todos os espazos municipais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados