O Concello propón a adxudicación do Bar de Portocelo por 1.250 euros ao mes e saca a contratación a renovación da caseta de salvamento e aseos na praia de Loira

O Concello propón a adxudicación do Bar de Portocelo por 1.250 euros ao mes e saca a contratación a renovación da caseta de salvamento e aseos na praia de Loira

A Mesa de Contratación da concesión do Bar de Portocelo acordou formalizar a proposta de adxudicación do Bar de Portocelo por un importe mensual de 1.250 euros, que foi a oferta económica máis vantaxosa das nove recibidas.

Así, a persoa adxudicataria terá agora un prazo de cinco días hábiles para depositar a garantía e presentar a documentación que lle é requerida e así poder formalmente adxudicar a concesión deste local de restauración por dous anos, con posibilidade de prorrogala outros dous.

Ademais de sacar de novo o concurso de Portocelo, o Concello segue traballando noutros aspectos de cara á época estival, tratando de ter nas mellores condicións todos os servizos relativos ás praias e a toda a zona do litoral. Nese sentido, solcitiuse unha subvención á Axencia de Turismo de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos Fondos Unión Europea-Next Generation EU, que foi concedida para a renovación da caseta de salvamento e dos aseos da praia de Loira.

Así, acaba de publicarse no taboleiro de anuncios a contratación deste proxecto, para o que as empresas interesadas terán tres días de prazo para a presentación de ofertas, que se deben facer a través da sede electrónica (www.sede.concellodemarin.es.)

A duración do contrato é dunha semana e ten un valor estimado de 39.905,40 euros sen IVE.

Licitación da limpeza de praias

Por outra banda, segue aberta a licitación do novo contrato da limpeza integral das praias durante este verán e o do 2025. Un contrato que ten un orzamento base de licitación de máis de 77.800 euros ao ano, polo que supón unha inversión total da contratación de máis de 155.670 euros.

Tal e como explica o Concello, trátase dun contrato que regula dúas fases de traballo. Unha primeira que supón unha posta a punto dos areais pensando no arranque da tempada de verán e que inclúe tarefas de limpeza, recollida de maleza e escombros, etc. Esta parte do contrato deberá facerse nos seguintes 20 días á finalización da formalización do contrato e no caso do 2025, antes do 15 de maio.

A segunda fase da contratación engloba a limpeza integral das praias e dos seus servizos asociados do 15 de xuño ao 15 de setembro de ambos anos. Isto supón limpar tanto os propios areais como os accesos, as papeleiras da zona, os aseos habilitados… Todos os servizos dispoñibles para a cidadanía, en definitiva.

As empresas interesadas poderán presentarse ata o 6 de maio.

Anterior O Obradoiro de Emprego doa 18 quilos de caballa ao Comedor Social de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados