No mes de marzo, o Concello de Marín iniciará a campaña de limpeza e roza dos viarios do rural. Así o anunciaron os concelleiros de Medio Ambiente e de Medio Rural, Marián Sanmartín e Pablo Novas, que mantiveron unha reunión cos representantes da Fundación Juan XXIII.
Para a realización destes traballos o Concello contará cunha brigada de rozas a pé da entidade social, que realizará os labores nos camiños e viarios de paso estreito aos cales non se pode acceder co tractor desbrozador do Concello.
A planificación dos traballos responderá a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios. Co fin de facilitar a comprensión do calendario de intervencións o Concello porá a disposición esta información na súa páxina web. Con todo, a través da prensa irase dando información puntual do avance dos traballos.
Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria.
Esta liña de traballo facilita o contacto das persoas con discapacidade coa veciñanza de Marín e axuda a mostrar “porta a porta” as capacidades deste colectivo de poboación.
Así é a disposición de zonas:
ZONA 1: Marzo
Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña e Outeiro
ZONA 2: Abril
Zonas entre a liña de costa e a estrada PO-551, dende a Escola Naval ata a Praia de Lapamán: Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte, Raposeiras, Aguete, A Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás.
ZONA 3: Maio
Resille, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Bagüín.
ZONA 4: Xuño e xullo
Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santo Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza
LIMPEZA DE MONTES: Agosto e setembro
Montes do Barrio de Mogor, Monte Pituco, Monte Casal, Cruceiro do Vento, Monte Teixugueiras e Monte Castro da Subidá.