O Concello presenta cursos de formación en cuestións de xénero dirixidas a todas as asociacións de mulleres

O Concello presenta cursos de formación en cuestións de xénero dirixidas a todas as asociacións de mulleres

As instalacións do CIM da Finca de Briz acolleron hoxe pola mañá unha reunión informativa entre a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e as asociacións de mulleres vinculadas ao rural e ás casas de cultura: O Abeiro, Al-Amal, Santa María do Campo, Amas de Casa, Cantodarea, Santo Tomé de Piñeiro e Intercambio do Saber.
Neste encontro, a representante do Concello informou aos colectivos do programa de formación que está organizado para os vindeiros meses, focalizado en diversas cuestións relativas á igualdade. A oferta está integrada por cinco cursos das seguintes disciplinas: biodanza, musicoterapia, habilidades persoais, autodefensa e módulo de formación en Igualdade e Violencia de Xénero.
As clases impartiranse na Finca de Briz a partir do mes de outubro, todos os martes de 17.00 a 20.00 horas, aínda que tamén está proxectado que se fagan sesións das diversas casas de cultura das parroquias marinenses, “co obxectivo de achegar toda esta formación ás mulleres do rural”.
Para inscribirse nestes cursos, que están financiados por unha subvención de Sensibilización da Xunta de Galicia, será necesario pasar polas asociacións, que serán as encargadas de xestionar a lista de participantes.

Programa da FEMP
Por outra banda, Sanmartín informou ás asociacións presentes na reunión da posta en marcha do Plan de Liderado e Empoderamento feminino, que engloba o I Ciclo de Conferencias de Marín, que inaugurará o próximo 4 de outubro na Biblioteca o psicólogo, mestre e escritor Javier Urra.
Dentro deste plan, financiado pola Federación Española de Municipios e Provincias, inclúese unha teleformación en cuestións de xénero, consistente nun módulo de 30 horas que dará comezo o próximo mes. Hai dispoñibles 50 prazas e a inscrición debe realizarse no CIM de Marín.
As representantes dos colectivos tamén foron informadas das campañas que se están levando a cabo ao abeiro do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero e da instalación no San Migheleiro da Caravana Morada, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, dentro do seu programa “ AgresiÓN/OFF”.
Tal e como lles explicou ás asociacións Mónica Novas, responsable da Caravana Morada, esta estará ubicada na Alameda de Rosalía de Castro, e se se quere participar como voluntario será necesario recibir primeiro unha formación en cuestións de xénero, que se impartirá en Briz o xoves, de 17.00 21.00 horas.
Xa son 10 as persoas inscritas neste voluntariado, para o que aínda quedan prazas vacantes. Poden presentarse rapaces e rapazas de calquera punto da provincia de máis de 16 anos. Para participar, deberán escribir un mail a caravamorada@gmail.com.

III Merenda en Igualdade
Finalmente, Marián Sanmartín anuncio que este ano volverá celebrarse a Merenda en Igualdade, aínda que se esperará a que rematen as formacións que comezarán en outubro, “polo que calculamos que poderemos celebrala a finais de ano”.
Con esta actividade, o Concello busca a integración de todo o tecido asociativo local na defensa da igualdade de xénero.

Anterior O Concello, a través do CIM, presenta o Programa de Liderado e Empoderamento feminino

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados