O Nadal deste ano será diferente. Por iso, o Concello xa está a traballar en como a vila acollerá a celebración desta época tan esperada do ano, que sempre supoñía o despregue dunha programación imposible de realizar desta vez.
As áreas de Festas, Cultura e Comercio traballan para analizar a situación e plantexar alternativas que consigan crear ambiente navideño de xeito seguro e con garantías.
Como non podía ser doutra forma, o Goberno local adianta que non haberá nin tren, nin carpas de actividades de Engado Marín, nin cabalgata de Reis. “Estas propostas, que levan varias anos colleitando un enorme éxito e que fan da nosa vila un referente na programación do Nadal, con actividades para todos os rangos de idade, son imposibles de levar a cabo nesta situación. Temos que adaptarnos e optar por novas ideas que nos permitan gozar do Nadal dunha maneira acorde á situación que estamos a vivir”, asegura Sanmartín, concelleira de Festas.
Sen dúbida, todas estas cuestións nas que se está a traballar serán susceptibles de modificacións segundo avance a situación sanitaria e segundo as restricións que estean vixentes no momento.
O alumeado de Nadal, xa en licitación
Unha das cousas que maior atracción xeran da época de Nadal e que máis ambiente conseguen crear nas rúas e prazas da vila é o alumeado. O Goberno local acaba de iniciar o procedemento de licitación do contrato para instalar este servizo, para o que se destinará unha partida de 60.000 euros.
O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas rematará o día 6 de novembro.
Decoración en diferentes lugares e un concurso para involucrar a comercios e á veciñanza
Ademais do tradicional alumeado, instalaranse diferentes elementos decorativos, creando estacións navideñas en distintas localizacións da vila.
Co obxectivo de involucrar ao sector comercial e tamén aos particulares, o Concello valora organizar un concurso no que a decoración navideña sexa a protagonista.
Ademais, as concelleiras adiantan que, a pesar de non haber Cabalgata das Súas Maxestades, os máis cativos da casa non quedarán ser ver aos Reis Magos. Buscarase unha alternativa organizada e programada para que a visita destas figuras tan importantes para os nenos e nenas de Marín se poda manter dun xeito distinto ao habitual.