O Concello prepara a posta a punto dos areais marinenses

O Concello prepara a posta a punto dos areais marinenses

Os areais marinenses son un gran atractivo turístico e a xoia medioambiental do Concello e precisan dun mantemento e un coidado continuado para que estean nas súas mellores condicións de cara ás épocas con máis afluencia de xente, como é Semana Santa ou a propia estación estival.

Precisamente para facer unha diagnose do paso do inverno e das necesidades de mellora en cada un dos areais, as concelleiras Cristina Acuña e Marián Sanmartín fixeron unha revisión ao longo do viario de praias, para coñecer os danos causados polo paso do tempo e polas condicións meteorolóxicas destes últimos meses nalgúns casos, ou polo vandalismo, noutros.

De maneira conxunta, levaranse a cabo traballos de limpeza en toda a cartelería, aínda que nalgúns casos as pintadas e os estragos causados por vándalos impiden a limpeza dos paneis e obrigan á súa restitución.

Tamén se levarán a cabo de maneira xenérica limpezas e desbroces nas marxes dos areais, así como limpeza e baleirado dos colectores e papeleiras que o precisen.

A nivel particular, no caso de Portocelo limparanse e acondicionaranse os soportais que hai baixo o viario de praias e en Mogor recuperarase a area movida polo paso dos meses para mellorar o acceso baixo as escaleiras que dan á praia.

Ambas concelleiras aseguran que é “primordial” levar a cabo estes traballos con tempo abondo para que os areais poidan estar en bo estado de cara á chegada da primavera.

Anterior O Auditorio de Marín, a xoia cultural da remodelación urbana que experimentará a vila

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados