6 agosto 2021
O parque infantil da Alameda é o espazo de lecer para os pequenos da casa máis
utilizado da vila. A súa localización céntrica e as súas dimensións, fan que esta
área lúdica sexa a escollida por unha gran parte das familias para traer os seus
fillos e fillas a xogar e socializar.
Precisamente, debido a este intenso uso, tanto o chan do parque como os
elementos de xogo sofren con maior rapidez os desperfectos e as problemáticas
asociadas ao paso do tempo e á utilización.
Neste contexto, o Concello debe realizar labores de mantemento e de reparación
continuas, que supoñen unha importante suma de inversión para que, a pesar de
todo, este parque siga xerando problemas no estado dalgúns dos seus xogos.
É por iso que o Concello encargou un proxecto de remodelación integral deste
parque, coa finalidade de renovar todos os elementos do mesmo, poñéndoo
finalmente a punto e permitindo garantizar seguridade nos xogos dos rapaces e
rapazas.
A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, acompañada pola concelleira
de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, mantivo esta mañá unha reunión co
redactor que está a elaborar este proxecto, no que se primará a seguridade dos
xogos a escoller e sobre todo a inclusión, de tal xeito que exista unha importante
variedade de elementos que sexan accesibles e utilizables por nenos e nenas con
mobilidade reducida.
Unha aposta polo ocio infantil
O Concello está a apostar de maneira moi importante pola dotación á nosa vila de
espazos de esparexemento para os máis pequenos, que sexan atractivos, con
xogos novos e que cumpran con todos os estándares actuais.
Entre as áreas recreativas máis novas destacan os dous parques infantís creados
no Lago de Castiñeiras, unha contorna idílica para a que se escolleron elementos
que conxugasen ca paisaxe.
Por outra banda, tamén foi renovado hai uns anos o parque infantil do Parque
Eguren, e agora, coa remodelación do Paseo Alcalde Blanco, instalaranse xogos
de agua cos que os máis pequenos poderán gozar do principal punto de unión de
Marín co mar.
Un