O Concello mellorará o firme do camiño rural que une Troncosa e Candóns

O Concello mellorará o firme do camiño rural que une Troncosa e Candóns

A Xunta de Goberno Local aprobou o seu acordo de participación no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado polo Fondo FEADER, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, dependente da Consellería de Medio Rural.
No marco deste acordo desenvolverase a actuación de mantemento da estrada rural que conecta Troncosa e Candóns, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, un proxecto que terá un prezo de licitación de 38.604,75 euros.
Esta actuación entra dentro da estratexia continuada desenvolvida polo Goberno local de intervención nas vías públicas, para mellorar os servizos á cidadanía e ofrecer unhas infraestruturas de calidade e seguridade.
Os camiños rurais, como parte integrante da rede de comunicacións dun Concello, teñen unha gran importancia dado que, en moitos casos, resultan o único medio de accesibilidade. No caso do camiño de Troncosa – Candóns, son varias as necesarias melloras a levar a cabo, como é o tratamento da súa superficie pavimentada, reparando as grietas que se poden observar e que son consecuencia da utilización da estrada ao longo do paso do tempo.
Esta rehabilitación do firme realizarase ca extensión dunha nova capa de rodadura de cinco centímetros de espesor, que tamén mellorará a adherencia do pneumático ao pavimento.
De maneira paralela, levarase a cabo a limpeza e o desbroce de paseos e cunetas, contribuíndo así a que a escorrentía das aguas pluviais sexa máis eficaz, evitando a contaminación do chan e a filtración das augas ata capas máis profundas.
O prazo de execución desta actuación será dun mes.

Anterior Adxudicada a dirección de obra e de execución do proxecto de humanización do Paseo Alcalde Blanco

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados