O Concello mellora a iluminación na Rúa Lameira con 12 novos puntos de luz por petición dos veciños

O Concello mellora a iluminación na Rúa Lameira con 12 novos puntos de luz por petición dos veciños

A Rúa Lameira conta desde esta fin de semana con 12 novos puntos de luz, despois de que a veciñanza lle pedise no mes de xaneiro ao Concello a mellora da iluminación neste viario, dado que, segundo argumentaban, era “escasa, especialmente na beirarrúa que se atopa pegada aos edificios”.
Ca fin de buscar a mellor, o Concello decidiu instalar uns puntos de luz verticais, colocados nas fachadas dos edificios desa beirarrúa, para así mellorar considerablemente a iluminación pero sen entorpecer a mobilidade dos peóns, xa que a anchura da beirarrúa non permitía colocar farolas no chan sen afectar ao tránsito.
Para a colocación destes farois, o Concello púxose en contacto cas comunidades de veciños propietarias das fachadas nas que se instalaron, que accederon ao uso deste espazo para tal fin. Con esta actuación, resólvense os problemas de inseguridade e falta de visibilidade.
A seguridade viaria, a boa iluminación en todos os lugares do termo municipal e o cumprimento dos estándares de eficiencia enerxética son varios eixos sobre os que está actuando o Goberno local.

Anterior O Concello e as ONGs da vila valoran “con éxito” a campaña de Nadal e a “boa coordinación” ca que se levou a cabo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados