Os directivos da asociación ASSEII, Víctor Loira e Ángela Paz, estiveron esta mañá no Concello xunto coa alcaldesa, María Ramallo, para entregar unha pancarta que pendurará do balcón da Casa Consistorial para axudar a visibilizar as ostomías e as enfermidades inflamatorias intestinais.
Esta pancarta foi creada polo Proxecto Gesto, co que colabora a asociación, para conmemorar o Día Internacional do Paciente Ostomizado e Víctor Loira, veciño de Pardavila, quería “que tamén estivese en Marín”, despois de que lucira no edificio do Concello de Pontevedra.
Loira e Paz trasladáronlle á alcaldesa, María Ramallo, toda a inxente e importante labor que desempeñou a asociación provincial durante estes últimos meses, facendo, por exemplo, un gran reparto de mascarillas entre os seus socios e socias.
Ramallo, pola súa parte, sostivo durante a reunión a necesidade de que as administracións “sexan un altofalante destas causas, para acercalas á poboación, sensibilizar sobre elas e manter os ollos abertos ante realidades sanitarias que temos día a día ao noso carón”.