O Goberno local informou esta mañá de que xa teñen aprobado o proxecto de reconstrución do muro de Cividanes, unha actuación esencial pero moi complexa a nivel urbanístico. Tal e como explica o Concello, nesta área xa se levaron a cabo dous importantes proxectos: a renovación do saneamento e da pavimentación da Rúa da Costa e a renovación da rede de distribución de auga nos camiños de San Jorge, Cividanes e Dichosa.
Agora, o Concello xa ten o proxecto específico para a reconstrución do muro que se atopa nesta zona e que está moi deteriorado polo paso do tempo e sobre todo polas malas condicións que se dan nesta ubicación polo seu ambiente mariño, que produce oxidación e hinchazón nas armaduras do muro actual.
A solución que se propón no proxecto é a creación dun novo muro de sustentación do tramo feito en bloques regulares de pedra granítica, en filas paralelas. Con esta solución, non hai risco futuro de desprendementos e garántese unha boa capacidade de drenaxe.
Ademais, colocarase unha escaleira en tres tramos que conecten a Rúa da Costa co Camiño de Cividanes e renovarase toda a rede de saneamento para colocar separativa, así como a reposición do pavimento que se poida ver afectado pola obra.
Calcúlase que o orzamento de licitación será cercano aos 185.000 euros e terá un prazo de execución unha vez de adxudique de cinco meses.