Nesta parte do proxecto, actuarase na zona acuática, tratando o fondo mariño e recuperándoo a nivel medio ambiental. Tamén se prevé a instalación dun pequeno pantalán.
Ademais, a alcaldesa María Ramallo anunciou que Marín conseguiu captar 300.000 euros máis para ampliar o seu Plan de Sostibilidade Turística, que se destinarán ao proxecto de urbanización e mellora do entorno desta zona, para conectala co Paseo Alcalde Blanco
Marín, 12 agosto 2024
A recuperación medio ambiental da antiga dársena portuaria, popularmente coñecida como Cemiterio de Chalanas, co obxectivo de poder utilizar a zona para actividades náutico-deportivas xa está en licitación.
Este proxecto, que é unha das apostas pola recuperación de toda a zona que conecta a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco, ten dúas partes diferenciadas, que se licitan de xeito separado: por unha banda, a recuperación medio ambiental da zona acuática, e, por outra, a mellora urbana do entorno.
A licitación que se ven de publicar hoxe no Plataforma de Contratación do Sector Público ten que ver con esta primeira actuación, que pretende abordar as problemáticas que presenta esta zona acuática. Tal e como se explica no proxecto,
a dársena presenta un estado descuidado, coa presenza de neumáticos, fondeos, amarres e restos de obra, como cascotes, ladrillos e bloques de construción.
Por iso, é vital recuperar ambientalmente a dársena. Para iso, limparanse todos os fondos, retirando os residuos que aparecen neles. Ademais, actuarase no fondo fanganoso da dársena, para nivelalo e poder así estender unha capa de area de xeito regular. Tamén se retirará o actual tubo de pluviais, que se atopa no medio da dársena, para poñer un novo tubo que garanta unha boa recollida das augas pluviais.
Unha vez realizadas estas tarefas, colocarase unha capa xeotextil, que terá por unha banda, función de filtro, para evitar a mezcla do fango do fondo coa capa de area, e unha función estrutural.
Ademais, limparanse todos os paramentos verticais do peirao e instalarase unha plataforma flotante de aluminio de 12×6 metros, co obxectivo de proporcionar un elemento de apoio ás embarcaciones deportivas.
A licitación está publicada cun orzamento base de case 248.000 euros, con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística, e cun prazo de execución de 6 meses.
300.000 euros máis do PSTD para completar a urbanización da zona e a conexión de Praza de España co Paseo Alcalde Blanco
Ademais, a alcaldesa, María Ramallo, anunciou que o Concello conseguiu unha ampliación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino de 300.000 euros que se poderán destinar ao proxecto de urbanización do entorno da dársena, na súa conexión coa Praza de España.
Esta urbanización consistirá en la creación de un espacio peatonal con zonas ajardinadas para que pueda ser una zona de descanso y paseo para los vecinos y vecinas de Marín.