O Concello levará esta semana a Pleno o acordo para crear un ente supramunicipal de xestión da auga
O Concello levará esta semana a Pleno o acordo para crear un ente supramunicipal de xestión da auga

O Concello levará esta semana a Pleno o acordo para crear un ente supramunicipal de xestión da auga

O obxectivo deste novo organismo será dotar dunha regularidade administrativa á xestión do abastecemento da agua entre Marín, Pontevedra, Poio, Bueu, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Marín, 11 setembro 2023

O Concello de Marín levará na orde do día do Pleno da Corporación que se celebrará este xoves ás 20.00 horas a formalización dun acordo para crear un ente supramunicipal co que regular a xestión do subministro de agua á nosa vila, Pontevedra, Poio, Bueu, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Levar a Pleno esta cuestión é “un compromiso que adquirimos estes concellos nunha reunión que mantivemos con Augas de Galicia e con ACUAES en xullo”, explicou a alcaldesa, María Ramallo, que engadiu a importancia de dar “este primeiro paso para poder despois dotar de forma xurídica a este ente que nos permitirá xestionar o abastecemento hidráulico nas nosas vilas dunha forma reglada”.

Nestes momentos, este sistema de abastecemento atópase nunha situación de irregularidade administrativa, que debe ser resolto á maior brevidade posible, “posto que estamos a falar dun servizo público esencial”, explicou a alcaldesa.

O obxectivo do ente supramunicipal é poder, polo tanto, crear un organismo que garanta a igualdade das condicións nas que se presta o abastecemento de auga á poboación destes concellos.

Así, tal e como se levará ao Pleno da Corporación marinense, solicitarase a concesión dun caudal de 1.000 litros por segundo, sendo as fontes de captación de agua o río Lérez, o rego de Rons e o encoro do Pontillón do Castro.

Anterior As Festas da Virxe do Porto chegan a próxima fin de semana con Broken Peach, Djs, María do Ceo, folclore e gastronomía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados