O Concello lembra o cambio de horario para poder baixar os cans á praia

O Concello lembra o cambio de horario para poder baixar os cans á praia

5 abril 2021

Os nosos areais son espazos naturais de enorme beleza. Cada vez máis, animada polo bo tempo, a veciñanza acode a eles para gozar do seu tempo libre. Por iso, o Concello quere lembrar que existen unha serie de medidas para garantir o respecto e o uso de todos e todas destes espazos que é preciso cumprir.

Con respecto aos cans, o Concello lembra entre o día 1 de abril e o 14 de xuño estará prohibido baixar co can á praia entre as 12.00 e as 20.00 horas. Nos meses de xullo e agosto, e tamén parte da primeira quincena de setembro, estará prohibido baixar coas nosas mascotas á praia a calquera hora.

Cando chegue o 16 de setembro e ata o 30 dese mesmo mes estará activo de novo o horario restrinxido, que impedirá estar co can no areal entre as 12.00 e as 20.00 horas. E a partir de aí, de novo, volve poder baixarse durante todo o día.

Ademais desta cuestión, desde o Concello procúrase manter o noso medio ambiente limpo e sempre mantendo o respecto pola contorna. Ese é un traballo que será preciso realizar entre todos para manter as nosas praias limpas.

 

A punto de chegar as botelliñas para os ouriños dos cans

Por outra banda, o Concello anunciou esta mañá que a partir desta semana comezarán a repartirse as botelliñas para os donos e donas de cans da vila co lema “Limpa o pisete nun periquete”, enmarcado na campaña impulsada polo Goberno local para a limpeza dos ouriños nas rúas.

Poderán recoller o material todas aquelas persoas da vila marinense que teñan censado ao seu animal no rexistro municipal. Desde o Concello lembran que isto é un trámite de obrigado cumprimento, así como ter actualizados os datos do animal, polo que pode ser un bo momento para revisar esta cuestión.

Estes días informarase do punto de recollida e do horario das botelliñas.

Anterior Aprobado o proxecto para abrir a Travesía República Arxentina, a nova rúa do casco urbano de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados