O Concello lanza un obradoiro básico de informática dixirido a comerciantes, hostaleiros e outros profesionais de Marín
Ordenador informática

O Concello lanza un obradoiro básico de informática dixirido a comerciantes, hostaleiros e outros profesionais de Marín

A iniciativa, promovida a través da plataforma municipal Marín en Rede, busca facilitar a dixitalización das empresas locais. O prazo para inscribirse remata este venres.

Marín, 18 setembro 2024

O Concello, a través da plataforma municipal Marín en Rede, lanza un obradoiro básico de informática dirixido aos comerciantes, hostaleiros e outros profesionais de Marín que queiran mellorar a súas competencias dixitais, tanto no uso de ferramentas tecnolóxicas que lles faciliten o seu traballo como no impulso da súa presenza no ecosistema das redes e dos buscadores web.

Nas últimas semanas, a través do mailing de Marín en Rede pediuse ás persoas seguidoras da plataforma que expresasen nunha enquisa que aspectos a nivel informático lles interesaban máis, coa finalidade de adaptar este obradoiro ás demadas específicas daqueles interesados en participar del.

As sesións formativas serán do 30 de setembro ao 4 de outubro, en horario de
08.30 a 09.30 horas, na Aula CeMit da Biblioteca Pública Vidal Pazos e aqueles comerciantes e profesionais que estean interesadas en apuntarse terán que facelo como máximo ata este venres a través desta ligazón.

Anterior As obras da Avenida de Ourense continuarán polo tramo entre a Rúa da Estrada e a Praza de España

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados