O Concello investiu cerca de 250.000 euros en toda a programación das Festas do Carme

O Concello investiu cerca de 250.000 euros en toda a programación das Festas do Carme

As Festas do Carme e todas as actividades paralelas que se inclúen no seu programa durante practicamente todo o mes de xullo son un dos maiores motores de dinamización económica, cultural e de ocio que se impulsa desde o Concello de Marín.

Tal e como explica o Goberno local, as festas supoñen “un enorme revulsivo para a vila e por iso consideramos que é un puntal esencial no que facer inversións para conseguir que sexan festas de calidade, totalmente gratuitas e con opcións para todas as idades, desde os máis pequenos ata os maiores”.

Ese balance cristalízase nunha inversión cercana aos 250.000 euros. Segundo indicou hoxe a Concellaría de Festas, o montante investido en toda a progamación asociado ás Festas do Carme foi de 249.686 euros.

O concerto de Abraham Mateo supuxo unha inversión de 55.000 euros, namentres que se destinaron 10.500 euros á celebración do Marín Dance Festival, que atraeu a centos de xóvenes á vila marinense. Para a celebración destes dous eventos, así como para a actuación sobre Fina Casalderrey incluída no programa de Lingua Guapa celebrada o 9 de xullo, investíronse 38.200 euros en ryders técnicos.

Á contratación de orquestas, que este ano foron o Combo Dominicano, París de Noia, Furia Joven, Galilea e Kubo, destináronse cerca de 51.000 euros e para todas as  actividades  infantís  que  se  desenvolveron  no Palco da Música (Mago Paco, Paco Nogueiras, Tarabelos e Migallas) fíxose unha inversión de 3.000 euros, incluindo a parte de montaxe e loxística.

A Batalla de Flores nocturna, outro dos grandes atractivos das Festas do Carme, supuxo unha partida de 18.700 euros e a Feira do Viño da IXP Ribeiras do Morrazo, que tamén abre a primeira fin de semana de festas, tivo un custe total de 6.600 euros.

Estas serían, tal e como explica o Goberno local, algunhas das partidas desglosadas máis representativas da programación, pero á inversión total é necesario engadir a remuneración de pasarrúas e grupos folclóricos, o pregón, as batucadas, os fogos de artificio e outros servizos complementarios ás festas, como as ambulancias, a revisión das atraccións de feira, a iluminación das rúas, a ilustración do cartel e toda a cartelería e os soportes de promoción…

“O noso balance é moi positivo e cremos que facemos unha xestión boa da inversión que se adica ás festas, sobre todo vendo a programación tan completa e continuada que temos durante todo o verán”, expresan fontes municipais, que adiantan que aínda quedan datas importantes no calendario festivo marinense, como a Festa Corsaria, as Festas de Loira, as Festas da Virxe do Porto ou o San Miguel, xa cara setembro.

Anterior Marín actualizará o seu Inventario de Bens e Dereitos para incluir cesións e regularizar camiños municipais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados