27 agosto 2021
A recollida de enseres voluminosos é un servizo que presta o Concello de Marín á veciñanza a través da empresa Recolte e que permite manter o espazo urbano ordenado e limpo.
Para iso, cóntase cun teléfono gratuito, o 900 102 580, ao que os veciños e veciñas deben chamar para avisar de que precisan desfacerse dun enser de gran tamaño (mobles, electrodomésticos…), que terán que depositar no colector indicado pola empresa o día que se lles diga, para que así dexa recollido á maior brevidade posible.
Sen embargo, e a pesar das constantes campañas de concienciación potenciadas polo Goberno local, seguen a darse verquidos descontrolados deste tipo de residuos, que ademais de ser un foco de suciedade, supoñen un impacto negativo na estética pública, tanto no centro urbán coma no rural.
“Pedimos á veciñanza que teña conciencia cívica neste sentido. Sabemos que moita xente cumpre, chama ao teléfono e segue as indicacións, pero aínda hai focos de verquido que supoñen un importante problema”, explicou a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín.
Ademais, o feito de ter que atender verquidos que non están avisados afecta á calidade total do servizo, dado que se poden producir retrasos na atención daqueles depósitos de enseres que si se fan cumprindo co protocolo.
Bo nivel de reciclaxe
Así a todo, desde a Concellaría de Medio Ambiente tamén se destacan os bos datos que nos últimos tempos se están colleitando na vila no que respecta á recollida separativa.
Segundo datos aportados por Ecoembes a principios de ano, a porcentaxe de residuos impropios (os que acaban no colector amarelo erróneamente a que afectan á calidade da reciclaxe dos envases lixeiros) sitúase no 45%, baixando moito do 65% rexistrado no 2011.
No que respecta ao papel e cartón, tamén hai unha gran tendencia á reciclaxe, que aumentou case un 90% en comparación coas marcas rexistradas os últimos anos.