O Concello inicia os labores de limpeza nos leitos dos ríos

O Concello inicia os labores de limpeza nos leitos dos ríos

O Concello iniciou este martes a limpeza do leito dos ríos que pasan polo termo municipal, para manter estes ecosistemas no mellor estado posible e permitir que o caudal da auga discorra correctamente.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitou esta mañá o paseo anexo ao río Lameira, onde se iniciaron estes traballos, consistentes na trituración de maleza nos laterais e no fondo dos vasos hidráulicos.

No río Lameira actuarase desde Ponte Zapal até a ponte de Coirados, así como na zona do río que pasa por detrás do Sequelo. Despois, continuarase a limpeza no Río da Grela, desde a ponte de Coirados até o lavadoiro da Presa.

A continuación, procederase ao desbroce do Río da Laxe, desde a ponte o camiño do Peso á parcela que está tras o supermercado Mercadona, incluíndo o corte e a recollida das cañas do talude que está no CEIP A Laxe.

E, finalmente, actuarase no Río Lapamán, desde a estrada xeral, e o no Río Castiñeiras, desde o lavadoiro de Coirados ao muíño antigo ubicado na Roza.

Esta limpeza, que se fai todos os anos en outono, ten por obxecto a prevención de cara á época de chuvias do inverno de posibles desbordes e atrancos no leito, que poden ocasionar danos nas zonas máis poboadas polas que discorren estes ríos.

Anterior O novo acceso do Cemiterio da Raña, que xa está habilitado, “supón unha mellora da mobilidade e da seguridade viaria”

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados