O Concello inicia o período de podas en diversas zonas do municipio

O Concello inicia o período de podas en diversas zonas do municipio

O Concello de Marín iniciou a pasada semana os traballos de podas das árbores de diversas zonas do municipio, uns traballos que se estenderán ao longo das próximas semanas, dado que se farán en fases e sempre tendo en conta as condicións climatolóxicas, para garantir a seguridade dos traballadores.

As primeiras árbores que foron podadas son as do viario de Portocelo, onde se actuou sobre os plataneiros, os carballo americano e os arces. Ata alí se desprazaron recentemente as concelleiras Marián Sanmartín e Cristiña Acuña, para supervisar o avance dos traballos.

Outras zonas públicas nas que serán podadas as árbores son a Alameda Rosalía de Castro, incluíndo a zona do parque infantil; barriadas como A Cañota, San Pedro ou Banda do Río, a urbanización de Virxe do Camiño e a Rúa Jaime Janer, o Parque Eguren, as rúas de Ezequiel Massoni, Doutro Touriño e a Rotonda das Anclas,a Finca de Briz ou os centros educativos de Ardán e de Viñas Brancas, entre outras.

Asemade, realizaranse podas en diversos puntos do rural, como Mogor, Sete Espadas, Resille, Igrexario ou O Campo.

Anterior 3.000 persoas viñeron a gozar da noite máis terrorífica de Marín no Samaín Briz

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados