O Concello inicia o adecentamento das parcelas do INVIED para convertelas en aparcadoiros públicos gratutitos

O Concello inicia o adecentamento das parcelas do INVIED para convertelas en aparcadoiros públicos gratutitos

16 febreiro 2021

A firma dun convenio de cesión co INVIED (Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa) para poder utilizar as parcelas ubicadas na Barriada da Virxe do Carme como aparcadoiros públicos gratuitos que permitan osixenar a demanda de estacionamento no entorno do Centro de Saúde foi unha das liñas nas que traballou o Goberno local de cara a mellorar a xestión do espazo público e do tráfico na vila.

Esta mañá, os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, acompañados dun dos técnicos municipais, visitaron as tres parcelas desta contorna: unha xusto fronte á entrada principal do Centro de Saúde e outras dúas dentro do perímetro das vivendas que conforman a barriada, para poñer en marcha a súa reconversión en aparcadoiros disuasorios.

O obxectivo da visita de hoxe foi o de comezar cos traballos de reprantexo, para depois poder formigonar no caso da parcela exterior da barriada, que é a que se atopa en peor estado, e proceder ao pintado de marcas de delimitación de prazas, unha tarefa que si se extenderá aos outros dous terreos cedidos pola institución militar. Neses casos, ademais, sacaranse as grapas que actualmente delimitan estes espazos.

En total, entre as tres parcelas, o Goberno local calcula que se gañarán 40 novas prazas de estacionamento nesta zona, tan utilizada polo movemento que xera o propio centro asistencial.

 

Un proxecto global para a mellora do estacionamento na vila

O Concello leva varios anos traballando na procura de novos espazos adicados ao estacionamento para poder xestionar de xeito máis humanizado o entorno público.

Desde hai varios anos, o Concello está inmerso na habilitación e na procura de novas parcelas. De feito, conseguíronse crear en pleno casco urbano cerca de 600 novas prazas de estacionamento grazas aos parkings disuasorios, que hai en Ponte Zapal, na Barriada Virxe do Carme, na área do pavillón da Raña, en Inferniño, en Concepción Areal, en República Arxentina en Cantodarea, no CEIP Carballal, en Jaime Janer, na rúa Dr. Otero Ulloa, en Seixo, e agora, con estas tres novas parcelas fronte o centro de saúde.

 

Anterior Marín procura familias que queiran participar no Programa Convive Comigo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados