O Concello inicia as labores de limpeza e mantemento dos cemiterios coa vista posta no Día de Defuntos

O Concello inicia as labores de limpeza e mantemento dos cemiterios coa vista posta no Día de Defuntos

O Concello de Marín, a través da brigada municipal de Limpeza, realizou durante estes días as limpezas e o desbroce dos distintos accesos aos cemiterios municipais, coa vista posta na vindeira celebración do Día de Defuntos.

Este ano, como non podía ser doutra forma, as pautas para este día, que conleva celebracións e ritos moi arraigados na nosa sociedade, serán as que marque o protocolo de seguridade que a Xunta de Galicia fará público nos próximos días.

O Concello pide, ademais, a todas aquelas persoas que vaian limpar ou adecentar os seus columbarios, cumprindo coa ordenanza vixente, o fagan canto antes e de xeito ordenado e seguro, para evitar que sexan moitos os que acudan os cemiterios nos últimos días previos a Defuntos.

 

Desinfeccións

Por outra banda, a brigada de Limpeza, a primeira hora da mañá, continúa realizando desinfeccións e limpezas nalgúns dos espazos máis utilizados pola cidadanía ou que entroncan un maior risco, como por exemplo os accesos aos centros de saúde, os parques infantís, as entradas aos lugares de culto…

Anterior O Concello loce unha pancarta para visibilizar as ostomías e as enfermidades inflamatorias intestinais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados