O Concello de Marín informou do inicio de diversos traballos de pavimentación de tramos de rúas no casco urbano que precisaban de retoques no seu trazado debido a estragos causados polo paso do tempo e pola utilización dos viais.
Estes traballos de mantemento comenzaron hoxe e desenvolveranse nas rúas Vidal Pazos, Sagrada familia, no tramo comprendido entre a rúa Lameira e a rúa do Forte, nun lateral do cemiterio da Raña e na baixada do CEIP A Laxe, que remata na República Arxentina.
Con estes labores trátase de garantir a seguridade viaria corrixindo aqueles desperfectos presentes nos viarios, así como mellorar a imaxe global das rúas do casco urbano da vila marinense.