O Concello inicia a inspección de terrazas para renovar as autorizacións de ocupación do espazo público

O Concello inicia a inspección de terrazas para renovar as autorizacións de ocupación do espazo público

7 abril 2021

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, acompañada dunha técnico municipal e dunha axente da Policía Local, iniciou esta mañá a inspección das terrazas da hostalaría, coa finalidade de xestionar cos hostaleiros a renovación da autorización e cotexar con eles a ocupación do espazo público coas mesas e cadeiras.

Tal e como explica a concelleira, os hostaleiros deben pedir esta renovación para toda a súa terraza en situación normal, é dicir, coa ocupación do espazo do que dispoñen sen ter en conta ningún tipo de limitación.

Desta maneira, sobre este número de mesas será sobre o que se aplicarían as restricións de aforo que marque a normativa sanitaria vixente en cada momento, que  a día de hoxe só permite poñer o  75%.

Ademais, en todo momento tense en conta a necesidade de compartir de xeito harmonioso o espazo público, permitindo que en ningún momento os veladores afecten ao tránsito peonil.

Sanmartín explicou que estiveron “lembrándolles ao hosteleiros a necesidade de ir presentando a documentación necesaria para aqueles que aínda non tramitaron esta renovación”. Aos que xa fixeron ese traballo, hoxe xa se lles trasladaron algunhas das autorizacións actualizadas.

Por outra banda, o Goberno local segue traballando na modificación da ordenanza que regula a instalación de veladores, co obxectivo de facer máis cómoda e boa a estancia dos clientes nelas, xa que será o espazo máis utilizado na hostalaría nos vindeiros meses e co obxectivo tamén de homoxeneizar a estética.

Anterior O Concello repartirá as botelliñas da campaña dos ouriños dos cans o xoves e o venres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados