O Concello informa da Resolución da Alcaldía relativa ás taxas municipais en curso e das medidas relativas á recadación que quedan suspendidas ou sen efecto durante a vixencia do estado de alarma

O Concello informa da Resolución da Alcaldía relativa ás taxas municipais en curso e das medidas relativas á recadación que quedan suspendidas ou sen efecto durante a vixencia do estado de alarma

O estado de alarma vixente no noso país por mor da crise sanitaria do Covid19 tamén contempla unha serie de medidas en materia tributaria e de recadación que esta mañá foron estudadas pola alcaldesa, María Ramallo, e o departamento de Tesourería do Concello de Marín.
Desta maneira, publicarase no BOP, nun periódico escrito e na páxina web oficial do Concello a resolución de Alcaldía na que se recollan, a nivel local, todas aquelas cuestións relativas aos cobros de tributos municipais e á xestión da recadación, información moi valiosa e necesaria para poñer en coñecemento da veciñanza.
Esta resolución adoptará tres puntos fundamentais:
1.- Quedarán sen efecto desde o 6 de abril (data de remate do período voluntario de pago), o imposto sobre vehículos de tracción mecánica e a taxa por ocupación da vía pública con reservas para aparcadoiro exclusivo, en ambos casos do ano 2020.
2.- Estará suspendido o cobro da:
– Taxa pola prestación dos servizos de subministro de auga, recollida de lixo e sumidoiro do 1º trimestre do ano 2020
– Taxa por ocupación de vía pública con quioscos, venta ambulante, mesas e cadeiras, correspondente á segunda fracción de pago do ano 2020
– Prezo público por escola de música, correspondente ao 3º trimestre
– Taxa por servizo de mercado
Tanto no punto 1 coma no 2, será unha nova resolución de Alcaldía a que determine, unha vez perda vixencia o estado de alarma, cal será a nova data máxima para realizar voluntariamente estes pagos. Chegado ese momento, valorarase tamén a conveniencia de adaptar o resto das datas que estaban establecidas no calendario fiscal previsto para este ano.
3.- Durante a vixencia do estado de alarma, non se iniciará o período voluntario de pago de ningunha liquidación e non se iniciarán procedementos de recadación en vía executiva.

Optimización da xestión telemática
Co obxectivo de mellorar a comunicación entre a veciñanza e a administración local nestes días, o Concello publicará unha listaxe con aqueles teléfonos de contacto específicos e os enderezos electrónicos concretos para cada área de xestión municipal.
O directorio que se compartirá coa veciñanza a través da web e das redes sociais será o seguinte:

O Concello quere lembrarlle a todos aqueles que teñen pendente algunha tramitación administrativa que non se preocupen, dado que durante o estado de alarma quedan suspendidos todos os prazos de tramitación.

Os desprazamentos en coche, tamén de xeito individual
Nas rúas, a Policía Local segue traballando por velar polo obrigado cumprimento das estritas normas de confinamento derivadas do decreto do estado de alarma. Lembran que é necesario extremar as precaucións e deixar unicamente para o necesario os movementos pola vía pública, facendo as compras nos establecementos que estean máis preto do domicilio.
Tamén recordan aos usuarios de vehículos que estes desprazamentos tamén se deben facer en solitario. De feito, durante a pasada noite, tramitouse unha denuncia a tres individuos, que xa foran apercibidos con anterioridade, por viaxar nun mesmo coche.

Solidariedade nestes duros momentos
A parte máis positiva e agradable desta crise sanitaria son as continuas mostras de solidariedade colectiva que se están a producir a nivel estatal e tamén en Marín. A Policía Local quere agradecer a Espacio Belleza, Novaestetic e a algún particular as doazóns de material desinfectante e de guantes feitas ao corpo de seguridade.
Pola súa banda, os axentes tamén quixeron devolver este xesto outorgándolle ao Centro de Saúde de Marín aqueles guantes de nitrilo que lles facían menos falta, varios EPIs (Equipos de Protección Individual) e unhas gafas de protección, que á súa vez chegaron ás mans da Policía pola xenerosidade de Agrícola Seixo.

Anterior Intensifícanse os controis policiais e a limpeza urbana para cumprir cas medidas decretadas polo estado de alarma

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados