O Concello informa da necesidade de utilizar os medios electrónicos para a presentación de documentación

O Concello informa da necesidade de utilizar os medios electrónicos para a presentación de documentación

As administracións públicas avanzan na súa integración dixital e por iso as normativas tamén esixen que os trámites que deben realizar as persoas e as asociacións das localidades sexan feitas por vía telemática, deixando para pequenas cuestións as presentacións físicas de documentos no Rexistro.

Así acontece tamén no Concello de Marín, que recorda que a Lei 3/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas recolle no seu artigo 14.2 aqueles suxeitos que están obrigados a utilizar medios electrónicos nas súas relacións co Concello.

Segundo este artigo, eses suxeitos son os seguintes:

– As persoas xurídicas
– As entidades sen personalidade xurídica
– Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira a colexiación obrigatoria (dentro dos que se inclúen notarios e rexistradores da propiedade e mercantís)
– Aqueles que representen a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración

Desta maneira, o Concello quere lembrarlle ás asociacións e colectivos da vila que precisen presentar algunha documentación ou solicitude, deben contar co certificado dixital correspondente para poder tramitar a presentación da documentación.

Anterior Máis de 700 persoas e 70 voluntarios participarán na Ruta Montes e Praias deste domingo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados