10 abril 2021
O Concello de Marín informou da recente contratación de 10 peóns e 3 conserxes, para reforzar a prestación de determinados labores a nivel municipal. Para esta contratación, o Concello solicitou á Deputación de Pontevedra unha subvención de 113.288,50 euros, con cargo á Liña 3 do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos) do 2021, unha contía á que o Concello sumará unha porcentaxe de fondos propios.
Por outra banda, renováronse os contratos durante 6 meses máis a catro persoas que estaban en activo grazas ao programa O Teu Primeiro Emprego. Trátase de titulados medios e superiores que están a desenvolver funcións nas áreas municipais de Informática, Urbanismo, Tesourería e Persoal.
O Concello explica, ademais, que neste tipo de contratacións solicitarase a incorporación de persoas procedentes do RISGA, para que, aínda que estean cobrando esta prestación, poidan ter unha oportunidade laboral compatible.