O Concello habilita un novo aparcadoiro disuasorio nas inmediacións do CEIP Carballal

O Concello habilita un novo aparcadoiro disuasorio nas inmediacións do CEIP Carballal

O Concello vén de rematar a habilitación dunha parcela como aparcadoiro público ao lado do CEIP Carballal. Esta nova área de estacionamento disuasorio súmase ás oito que xa existen no resto de casco urbano (Ponte Zapal, a zona portuaria á Praza de España, República Argentina, Inferniño, Concepción Arenal, Sagrada Familia, Barriada de Suboficiales e Jaime Janer) e sumará arredor de 50 novas prazas.

Este aparcadoiro era unha importante demanda da comunidade educativa do Carballal, dadas as escasas prazas que se atopaban até o momento nas inmediacións do centro e que provocaban, entre outras cousas, que o profesorado tivera que aparcar dentro do propio colexio.

Dadas as circunstancias nas que nos atopamos, nas que a crise sanitaria esixe a readaptación da actividade lectiva para cumprir coas normas de prevención e hixiene fronte ao coronavirus, o aparcadoiro permite desconxestionar de coches a explanada de entrada ao centro, aparcando os profesores no novo aparcadoiro público.

Deste xeito, tal e como informou esta mañá o Concello, conséguese liberar espazo da instalación académica para que poida ser utilizado como un patio extra para o alumnado.

Ademais, como tamén se consegue desconxestionar o espazo que nas entradas e saídas do centro ocupaban outros vehículos aparcados, facilítase o tránsito por esta zona, especialmente durante este curso, no que existe un protocolo específico para o acceso ao colexio.

Anterior O Concello impulsa un proxecto de mellora do camiño de Arealonga-O Marco

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados