O Concello habilita un novo aparcadoiro disuasorio en Seixo con capacidade para cerca de 40 prazas

O Concello habilita un novo aparcadoiro disuasorio en Seixo con capacidade para cerca de 40 prazas

11 marzo 2021
O Concello de Marín leva varios anos traballando na reordenación do espazo público para facelo máis habitable, ordenado e no que poidan coexistir todas as necesidades da veciñanza.
Dentro desta liña, a creación de aparcadoiros disuasorios é unha das estratexias que resultaron máis útiles para poder absorber a demanda de estacionamento que ten Marín en todo o seu termo municipal.
Só no casco urbano, existen máis dunha decena de parcelas que realizan esta función e axudan a desconxestionar o estacionamento nas rúas céntricas, ofertando en total cerca de 600 prazas extra de aparcamento.
Agora, o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, vén de anunciar que se pon a disposición da cidadanía unha nova parcela situada na parroquia de Seixo, na Rúa Doutor Otero Ulloa, 120, que ten unha superficie de 824 metros cadrados.
“Este é un lugar totalmente céntrico, fronte á Igrexa parroquial, e que dará servizo a todos os establecementos da zona”, explica o edil, como o Mercado de Abastos, o pequeno comercio, os locais de hostalaría, o Cine Seixo… “E tamén apoiará a actividade que se dá na Casa de Cultura, na Alameda ou na propia igrexa”.
En total, está previsto que se gañen entre 35 e 40 prazas. A vindeira semana comezarán as labores de habilitación da parcela, que se limpará e se lle botará unha capa de zahorra.

Anterior 25 familias numerosas da vila xa se benefician da exención do pago do IBI nos seus inmobles

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados