O Concello fai un balance moi positivo das festas do Nadal

O Concello fai un balance moi positivo das festas do Nadal

“Un Nadal espectacular, no que o pobo de Marín e visitantes de todas partes da provincia acudiron a desfrutar das nosas actividades”. Así resumía esta mañá o Goberno local como se desenvolveron estas datas de Nadal na vila, facendo un balance moi positivo das festas.

Tal e como expresou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, que asegurou que este ano “foi dos mellores que rexistramos no que respecta, por exemplo, ás carpas Engado Marín”. De feito, o mal tempo que noutros sitios supuxo cancelacións de actividades, aquí aínda foi un maior incentivo para acudir ás carpas e desfrutar da programación do Nadal.

Sanmartín quixo agradecer tamén a participación da veciñanza e da hostelería e comercio no III Concurso de Decoración de Nadal, así como a solidariedade de todas as persoas que apoiaron o labor das ONGs, tanto consumindo nas chocolatadas solidarias como na Semana da Solidariedade, na que se recolleron alimentos non perecedoiros e produtos de limpeza para os máis necesitados.

Tamén a concelleira agradeceu a todas as entidades culturais e sociais que colaboran na programación de Nadal, conseguindo que Marín teña opcións de ocio e de cultura durante todos os días que duran estes festexos, desde a ponte de decembro ata a chegada do Día de Reis.

Campaña de sorteo de tarxetas

Por outra banda, desde o Concello lembran que aínda está activa a campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros cada unha coas compras que se realicen no comercio local.

Para participar, é abondo con depositar os tickets de compras superiores a 30 euros no buzón que se atopa na Oficina de Turismo da Praza de España. O día 15 será o último día que se poidan depositar os tickets, para proceder despois aos sorteos dos agraciados.

Anterior A senda peonil de Bagüín a Seixo inicia o tramo final

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados