O Concello estrea unha nova vía de comunicación coa cidadanía: unha canle de Telegram

O Concello estrea unha nova vía de comunicación coa cidadanía: unha canle de Telegram

Nestes momentos de crise sanitaria, a información de fontes oficiais, verídica e contrastada, é máis necesaria que nunca en todos os niveis, tamén no municipal. Por iso, o Concello de Marín vén de poñer en marcha unha vía máis de comunicación pública coa veciñanza: unha canle de Telegram.

Para unirse á canle, é necesario que as persoas que estean interesadas descarguen a aplicación no seu teléfono móbil no caso de que aínda non a teñan e que busquen nela “Concello de Marín”.

Nesta nova ventá informativa, o Concello aportará toda a información útil e necesaria durante a crise sanitaria do Covid19, incidindo nas medidas tomadas no protocolo de acción local fronte a pandemia e lanzando novas e avisos que actualicen a situación e poidan resultar de interese á veciñanza.

Ademais, nesta canle poderanse atopar aqueles materiais gráficos que se vaian deseñando especificamente para difundir información útil, como infografías ou vídeos culturais, como os realizados dentro da iniciativa #ACulturaSegue.

O obxectivo final é que toda a veciñanza poida coñecer o máximo posible todo o que acontece no Concello relacionado ca pandemia en tempo real, estando así actualizada con información oficial, contrastada e fiable.

A canle de Telegram únese ás redes sociais que actualmente ten activas o Concello: Facebook, Twitter e Instagram.

Anterior Marín conmemora un Día da Liberación diferente cun vídeo explicativo da historia de Gago de Mendoza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados