O Concello encarga un proxecto para dotar de saneamento e abastecemento ao tramo entre Vista Alegre e Coirados

O Concello encarga un proxecto para dotar de saneamento e abastecemento ao tramo entre Vista Alegre e Coirados

A dotación de servizos públicos esenciais no rural é un dos eixos de traballo nos que se centra a actividade do Goberno local, co obxectivo de que a poboación dos núcleos teña as mesmas oportunidades de habilitabilidade que o centro urbano.

É por iso que nos últimos anos foise dotando de abastecemento e saneamento aos distintos tramos do rural que aínda non dispoñían deles ou nos que o seu estado era deficitario.

O próximo proxecto no que traballará o Concello é o tramo que discorre entre Vista  Alegre  e  Coirados,  na PO-313, para o que se vén de encargar o proxecto técnico para a súa marxe dereita, tal e como explicou esta mañá o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas.

Na marxe esquerda, xa discorre un colector que conduce as augas residuais domésticas. Para o lado contrario, onde non existen estes servizos, plantéxase crear un colector por todo ese tramo de arcén, cunha lonxitude total de 960 metros.

“Vimos de encargar o proxecto para saber cal é a mellor forma de dotar a este espazo de abastecemento e saneamento en base a unha memoria previa que xa tiñamos. Esperamos poder ter o proxecto e buscar a financiación precisa para que, en canto sexa posible, poidamos licitar as obras e levalo adiante”, explicou Pablo Novas nunha visita a pé de rúa coas técnicas da empresa que se encargará de redactar o proxecto.

Anterior Abraham Mateo, París de Noia e Combo Dominicano, algúns dos pratos fortes das Festas do Carme

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados