O Concello encarga un estudo á Estación Fitopatolóxica do Areeiro do estado das árbores da contorna da Casa de Cultura de Seixo
Árbore caída Seixo Alameda

O Concello encarga un estudo á Estación Fitopatolóxica do Areeiro do estado das árbores da contorna da Casa de Cultura de Seixo

A caída dun exemplar onte, que revelou a afectación das súas raíces por un fungo, pon en alerta ao Consistorio, que examinará o resto de exemplares

Marín, 23 outubro 2023

Na xornada de onte, no entorno da Casa da Cultura de Seixo caeu unha das árbores, sen, afortunadamente, causar ningún dano na súa caída. Así a todo e tal e como explican desde o Concello, “as raíces deste exemplar aparecen afectadas por un fungo, que moito nos tememos que poida estar afectando ao resto de árbores”.

Por iso, ante esta tesitura o Concello presentou un escrito na Estación Fitopatolóxica do Areeiro para encargar un estudo do resto de árbores da zona e detectar posibles infeccións e situacións de risco.

A árbore caída foi retirada no día de onte.

Anterior Rematadas as obra de seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados