O Concello e as ONGs da vila valoran “con éxito” a campaña de Nadal e a “boa coordinación” ca que se levou a cabo

O Concello e as ONGs da vila valoran “con éxito” a campaña de Nadal e a “boa coordinación” ca que se levou a cabo

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e a asistente social do departamento de Servizos Sociais, María Teresa Pérez Couselo, mantiveron unha reunión cos representantes das ONGs da vila para facer balance das campañas levadas a cabo durante a festividade do Nadal.

Na xuntanza estiveron presentes Cáritas, Cáritas Santomé, o Comedor Social, Sor Elvira, SOS e Amenac. Todos os representantes coincidiron en apuntar que as campañas realiza-das durante esas datas resultaron “moi existosas”.

O ingrediente que máis axudou a ese éxito, segundo se expuxo na reunión, foi precisa-mente ese traballo coordinado entre todas as ONGs municipais e o propio Concello. As asociacións tamén quixeron agradecer á comunidade educativa da vila o seu compromiso e a súa colaboración nas campañas de recollida de alimentos nas que se fixo partícipe ao alumnado.

En canto á venda de rifas para o sorteo das cestas de alimentación, as ONGs tamén consi-deraron que foi unha iniciativa que tivo calado entre a veciñanza e agradeceron a Alimen-tación Isabel e a Gadis a cesión dos alimentos que se sortearon.

Finalmente, a reunión ca concelleira tamén serviu para valorar novos casos de familias que pasarán a ser usuarias dos servizos que ofrecen as ONGs, así como outros casos que xa non precisan estas axudas.

Por outra banda, aprobouse un novo baremo económico que servirá como referente para a percepción das axudas a nivel local e que se fixa en función do IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples).

Anterior A Oficina Municipal de Rehabilitación axudou a 300 vivendas do ARI nos seus sete anos de traxectoria

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados