O Concello dixitalizará as súas fontes documentais para actualizar o seu arquivo municipal

O Concello dixitalizará as súas fontes documentais para actualizar o seu arquivo municipal

A Xunta de Goberno local aprobou recentemente a contratación dos traballos de dixitalización de fontes documentais e bibliográficas para garantir o correcto arquivo da documentación administrativa e institucional.

O proxecto, que realizará a empresa Xercode Media Software, que resultou adxudicada despois da licitación dos traballos, terá un alcance de 215.000 imaxes, comprendidas en máis de 650 volumes.

Estas imaxes correspóndense “cas fontes documentais, bibliográficas, gráficas e cartográficas pertencentes ao Concello de Marín”, segundo indica o prego do proxecto. Ademais, tamén se incluirá a dixitalización de fontes que sexan da propiedade doutras institucións públicas e privadas que posúan algún tipo de rexistro de interese para os marinenses.

Pormenorizadamente, estas serán as imaxes que se crearán:

  • 229 volumes correspondentes a libros de actas de entre o 1808 e o 1989
  • 230 volumes correspondentes a libros de resolucións de Alcaldía de entre o 1949 e o 2017
  • 84 volumes de libros do padrón municipal de entre o 1925 e o 1981
  • 46 volumes compostos por documentos de amillaramiento, rústica e industrial de entre o 1879 e o 1970
  • 30 volumes compostos por documentos de beneficencia, ultramarinos e lonxa de entre o 1925 e o 1988
  • 33 volumes de actas de Xuntas de Goberno local de entre o 1989 e o 2017

O orzamento total do proxecto é de 38.000 euros (IVE incluído), para o que se contará cunha subvención da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, de 47.190 euros, amparada dentro dos Fondos Feder.

O prazo de execución dos traballos será de 6 semanas.

Anterior Marín prepárase para un novo San Miguel

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados