O Concello destaca o bo funcionamento da liña de compostaxe do Sequelo

O Concello destaca o bo funcionamento da liña de compostaxe do Sequelo

O Concello de Marín quere destacar o bo funcionamento da liña de compostaxe do Sequelo que se puxo en marcha dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Actualmente os dous composteiros que hai na vila, tanto o situado no Sequelo como o da Cañota, están funcionando a pleno rendemento e dende o goberno municipal quérese destacar a boa acollida que tivo esta iniciativa na veciñanza.

Debido a implicación e o uso que se lle deu a estes contedores, a primeira cabeza do composteiro do Sequelo quedou cuberta e permanecera pechada debido ao repouso, de entre 15 e 20 días, que necesita para a fermentación e continuar coa súa actividade. Para poder seguir co proceso de compostaxe na zona, habilitouse a cabeza B1 do composteiro do Sequelo.

Destacar que a primeira das cabezas abertas no composteiro da Cañota encontrase xa enchida a un 80% da súa capacidade.

Recordase que as normas de uso destes contedores son cubrir totalmente co estructurante as achegas que se boten, incidindo que nestes lugares unicamente pódense depositar residuos orgánicos, nunca plásticos, e que ás ramaxes que se depositen deben estar partidas antes de botalas.

Se algunha persoa desexa colaborar no proceso de compostaxe quere anotarse para recibir o compost cando este estea listo ou ten algunha dubida sobre o proceso, pode chamar ao telefono: 637 76 21 83 que é o telefono de contacto do mestre composteiro que ten Marín a través da Fundación Juan XXIII. O horario de consulta deste teléfono é de 7:00 a 15:00.

Anterior A Policía Local de Marín probará a última versión do programa XesPol

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados