O Concello desinfecta os parques infantís de cara á súa reapertura esta fin de semana

O Concello desinfecta os parques infantís de cara á súa reapertura esta fin de semana

Os nenos e nenas de Marín poderán xogar de novo nos parques infantís municipais. Así o anunciou o Concelllo, que indicou que desde o martes desta semana estanse a realizar desinfeccións en todas as áreas recreativas, de cara á súa nova posta en funcionamento.
A Policía Local desprecintará aquelas áreas que foran limpadas, dado que se seguirá con ese batallón de desinfeccións paulatinamente, e colocará carteis informativos nos que, con iconografía clara e sinxela, se entenda a necesidade de manter en todo momento as medidas de hixiene e seguridade recomendadas.
Tal e como xa se ven pregando noutros espazos públicos, o Concello apela á responsabilidade individual e ao comportamento cívico para gozar de novo dos espazos para os cativos con sentidiño, sen relaxar as medidas de prevención de contaxios.

Canchas ao aire libre e asadores do Lago
Tamén desde hai dúas semanas procedeuse á reapertura das canchas deportivas municipais ao aire libre, así como a posta de novo en marcha dos asadores no Lago de Castiñeiras.
En todos estes casos, o Concello colocou carteis con mensaxes informativos e de concienciación, para que o proceso de desescalada sexa respectado, recuperando pouco a pouco o dominio do espazo público pero sen perder de vista extraordinaria situación que estamos a vivir.

Anterior O Concello informa dos novos prazos de pago voluntario das taxas municipais e das recadacións, que volven activarse tras a súa suspensión temporal polo Estado de alarma

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados