O Concello de Marín solicitará unha axuda por un importe de 70.563, 12 €, convocada pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinada ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, no marco de colaboración coas entidades locais galegas.
Estas axudas estarían destinadas á contratación de 4 mulleres, que ocuparán os postos de auxiliar administrativa, nun dos casos, e de conserxe nos restantes. A súa contratación está amparada polo Convenio Provincial de Oficinas e Despachos 2009-2012, no que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2020.
Deste xeito, a contía total da subvención corresponderase co importe total dos custos salariais das traballadoras, incluíndo a cotización empresarial á Seguridade Social. No caso dos postos de conserxe, este salario ascende a 52.907,40 euros, unha cifra que se reduce a 17.655,72 euros no caso do posto de auxiliar.