O Concello de Marín segue traballando na oferta deportiva que pode ofrecerse dadas as medidas sanitarias

O Concello de Marín segue traballando na oferta deportiva que pode ofrecerse dadas as medidas sanitarias

12 marzo de 2021

O deporte é unha actividade saudable e imprescindible para a saúde, que en Marín “non se paralizou” no que levamos de pandemia, tal e como explicou onte o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, na sesión
plenaria desenvolvida no Concello. O edil explicou que en todo momento a normativa que se aplicou foi maleable, adaptándose “aos protocolos da Xunta e das Federacións deportivas”.

Tal e como explicou o edil, as modalidades deportivas que utilizan asinstalacións municipais habitualmente (o fútbol, fútbol sala, baloncesto, ximnasia rítmica, boxeo e iudo) volveron recentemente aos
adestramentos, “dado que as federacións foron dando a posibilidade de que se inicien as competicións en diferentes categorías”.

Deste xeito, tanto San Pedro, como a Raña, o Sequelo e A Cañota volven estar ocupadas. Por contra, algunhas das instalacións dos centros educativos que se viñan utilizando antes da pandemia a través deconvenios anuais co Concello non están en uso, “debido aos protocolos de Educación, que temos que seguir”.

O horario aínda vixente do toque de queda ás 22.00 horas tamén reduce a capacidade das instalacións para a práctica deportiva, unha práctica “monopolizada polos clubes marinenses, que xa usan estas instalacións desde que as medidas o permitiron e as federacións foron volvendo aos adestramentos e demáis citas deportivas”.

Por outra banda, e tal e como se anunciou a pasada semana, a Concellaría de Deportes traballa desde hai tempo en poñer en marcha modalidades deportivas que no caso de Marín non tiveron a oportunidade de regresar á súa actividade. O obxectivo é poder ofrecer á rapazada de entre 6 e 12 anos dúas horas semanais de adestramento en diversasinstalacións.

“Desde o Concello non estamos buscando actividades para competir, senónque tratamos de xerar actividade para que os máis pequenos podanpracticar deporte polo menos no último trimestre do curso escolar. Oobxectivo é ofertar actividades deportivas durante finais de marzo,abril, maio e mediados de xuño, ben a modo de actividade semanal ou bena través de actividades puntuales multideporte”, como a que se está adeseñar de cara á Semana Santa.

Anterior Procedimiento Administrativo Permiso de Conducir

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados