O Concello de Marín aumentará as axudas ás ONGs da vila

O Concello de Marín aumentará as axudas ás ONGs da vila

A alcaldesa , María Ramallo, e as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, reuníronse esta mañá no Salón de Plenos con representantes das organizacións sen ánimo de lucro na vila e as técnicas do CIM e de Servizos Sociais. Concello e ONGs asumen que queda por diante “un inverno moi complicado” e fortalecen as axudas e as sinerxias para garantir a asistencia social en todos os casos necesariosNa reunión avaliouse a situación actual do labor de asistencia social que levan a cabo e como afrontar os próximos meses.

Todas as organizacións coincidiron en facer unha análise pesimista da situación, debido ás dificultades económicas que acarrea a crise sanitaria que estamos a atravesar. “En xeral, todos apuntan a un aumento do número de familias que atenden, incluso dalgunhas que veñen desde Pontevedra”, asegura Sanmartín.

“Somos conscientes de que se plantexa un inverno moi complicado”, engadiu a edil, e por iso o Goberno local, consciente da situación actual e das necesidades que poden derivarse deste aumento de usuarios e usuarias das ONGs aumentará a axuda económica que lles facilita cada ano de cara ás campañas de inverno e de Nadal.
Por outra banda, e dadas as medidas derivadas da pandemia, decidiuse conxuntamente coas ONGs que este ano non se realizará unha venda de rifas, debido á dificultade para levar a cabo esta venda e a imposibilidade de realizar un sorteo presencial ao xeito dos que se celebraban outros anos.

Asemade, no que respecta á campaña de recollida de alimentos en colaboración cos centros educativos, haberá unha reestruturación, xa que en vez de asignar un centro a cada organización, será unha recollida xeral cun reparto proporcional.

Valoración positiva doutras campañas

Durante a reunión, as organizacións mostraron a súa valoración positiva do plan de axuda social específico para mulleres vítimas de violencia machista con dificultades para afrontar gastos de primeira necesidade.

Esta campaña contou cun orzamento de 5.000 euros cos que se beneficiou a cerca de 100 casos considerados de emerxencia tanto polo CIM como polo departamento de Servizos Sociais, e forma parte do Pacto de Estado pola Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Ademais, as ONGs foron informadas sobre a iniciativa de colaboración entre Cruz Roja e a Xunta de Galicia da Tarxeta Moedeiro, unha axuda de tres meses que poden tramitar aqueles usuarios que o precisen pedindo cita previa no departamento municipal de Servizos Sociais.

Anterior A Biblioteca Vidal Pazos afina o seu protocolo para a celebración de actividades culturais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados