O Concello contratou a 14 persoas desempregadas durante seis meses para fortalecer as brigadas municipais

O Concello contratou a 14 persoas desempregadas durante seis meses para fortalecer as brigadas municipais

O Concello contratou a 14 persoas desempregadas durante seis meses para fortalecer as brigadas municipais

Marín, 09 febreiro 2024

Ao abeiro do Plan de obras e servizos Plan Concellos 2023 da Deputación Provincial de Pontevedra, foI concedida unha subvención de 133.955,76 para a contratación por parte do Concello de Marín dun total de 14 persoas traballadoras desempregadas (11 na ocupación de peón de obras públicas e as 3 restantes na ocupacións de conserxes), a xornada completa por espazo de 6 meses, que desenvolveron as suas tarefas dende o 17 de abril ao 16 de outubro do pasado ano.

Os peóns, adscritos ás distintas brigadas municipais, desenvolveron tarefas de apoio á brigada municipal de obras de mantemento e conservación de servizos como obras de saneamento, conservación de viais, obras de reparación, conservación e mellora de edificios municipais, traída de augas, alumbrado público, limpeza de praias, etc.…

No seu caso, as persoas contratadas como conserxes fixeron tarefas de apoio ao servizo de conserxería nos distintos edificios públicos de titularidade municipal.

Anterior O Concello avanza no pago a proveedores e no suministro eléctrico, que se triplicou ao longo do ano pasado

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados