4 marzo 2021
As concelleiras Cristina Acuña e Marián Sanmartín informaron de que o reparto de adhesivos actualizados para as mesas autorizadas no espazo público polo Concello para que sexan colocadas polos hostaleiros comezarán a repartirse a partir de mañá.
Este adhesivo cambiará de cor, pasará a ser laranxa, para diferenciarse dos que se repartiron o pasado ano e facilitar a inspección do correcto cumprimento das normas.
Ademais, volverán ter habilitado código QR da plataforma de dinamización dixital Marín en Rede, onde cada negocio adherido ten a súa ficha e pode colgar a súa carta para que sexa facilmente consultable pola clientela.
O Concello incide na obrigatoriedade de ter separadas as mesas por 1,5 metros de distancia, na necesidade de levar en todo momento a máscara e na prohibición de fumar.