O Concello chega á zona 4 do Plan Anual de Desbroces
Desbroce Castro da Subida

O Concello chega á zona 4 do Plan Anual de Desbroces

Tras rematar a zona 3, agora os operarios de Juan XXIII, encargados de facer este traballo, chegarán aos núcleos que faltan por desbrozar. Tamén se actuou en puntos turísticos e patrimoniais, como o Castro da Subidá

Marín, 05 agosto 2024

O Concello de Marín continúa coa súaa campaña de limpeza e roza dos viarios do rural, que segue o Plan Anual de Desbroces, executado por unha brigada de rozas a pé da entidade social Juan XXIII, que realizará os labores nos camiños e viarios de paso estreito aos cales non se pode acceder co tractor desbrozador do Concello.

A planificación dos traballos responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios. Deste xeito, despois de levar desbrozando desde abril as zonas 1, 2 e 3, agora é o momento da zona 4, que abrangue os seguintos puntos:

Carballal, Igrexario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santo Tomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza.

Por outra banda, tamén se están intensificando os traballos de limpeza en puntos turísticos e patrimoniais, como é o caso do Castro da Subidá, onde se ven de retirar toda a maleza existente.

Anterior Volve o Campus de Verán do Club Deportivo La Peña

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados