O Concello avanza no pago a proveedores e no suministro eléctrico, que se triplicou ao longo do ano pasado

O Concello avanza no pago a proveedores e no suministro eléctrico, que se triplicou ao longo do ano pasado

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, explicou no Pleno que, a pesar das dificultades actuais de afrontar os pagos das partidas que se encareceron no último ano, co recoñecemento extraxudicial de crédito “conseguimos sacar adiante as facturas e seguir avanzando no pago a proveedores”

Marín, 09 febreiro 2024

A sesión plenaria que se celebrou onte no Concello tratou un recoñecemento extraxudicial de crédito no que se levaron facturas pendentes de pago relativas a horas, servizos e suministros executados no último trimestre do 2023 e que sobre todo inclúen prestacións “que se viron enormemente incrementadas pola inflación”, explicou o concelleiro de Facenda, Manuel Santos.

Tal e como explicou o delegado da área, “fíxose un gran esforzo desde o equipo de Goberno e desde os servizos técnicos municipais para sacar adiante este expediente, que nos permite pagar facturas aos proveedores e ir axilizando os pagos do subministro eléctrico”.

Esta partida é a que máis quebradeiros económicos supuxo ao Concello no último ano. “Neste expediente levamos cerca de 700.000 euros por este concepto e que se corresponde co gasto da metade do 2023. Pero é que antes de entrar nesta fase de inflación disparada, o noso gasto anual por luz era de 600.000 euros. Os números falan sós”, explicou Santos.

Gastos da piscina municipal e nóminas dos traballadores

Outro dos apartados que se incluiu neste expediente, que saíu aprobado onte no Pleno, é o que se corresponde cos gastos que se lle abonan á empresa concesionaria da piscina municipal namentres tiveron que estar pechados pola realización das obras de reforma.

Nestes gastos, destacan as nóminas e seguros sociais da plantilla dos traballadores, un gasto asumido polo Concello desde que se lles rematou o ERTE.

Anterior O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego fórmase en prevención de riscos laborais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados