O Concello avanza na elaboración do proxecto de reforma da primeira planta da Casa do Mar para convertila nun Centro de Día

O Concello avanza na elaboración do proxecto de reforma da primeira planta da Casa do Mar para convertila nun Centro de Día

A alcaldesa de Marín, María Ramallo; a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, visitaron recentemente, xunto a Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, as instalacións da Casa do Mar, cuxo uso foi cedido ao Concello pola Tesourería da Seguridade Social.

O Goberno local traballou intensamente para conseguir esta cesión da infraestrutura, polo gran interese que ten en adicala a un uso sociosanitario moi necesario na vila marinense, como é un centro de día público que permita ás persoas da terceira idade.

Segundo explicou a alcaldesa, o obxectivo desta visita “foi valorar o espazo que temos dispoñible, a súa estrutura e estado actual, para poder deseñar unha nova distribución dos espazos que se adapten ao novo uso”. O presuposto inicial destes traballos de reforma ascenderá a 450.000 euros, máis IVE.

A aposta pola cobertura pública da asistencia social da terceira idade é un dos fortes compromisos que ten na axenda o Goberno municipal, “dada a poboación que temos na nosa vila, no que a xente maior ten un peso moi importante e que precisa das mellores atencións, incluso cando os recursos son limitados”, declarou Ramallo.

De feito, este mesmo mes abriu as súas portas o Centro Terapéutico para Persoas con Alzhéimer da Finca de Briz, impulsado polo Concello e por Afapo, do que se benefician 14 usuarios, que algún día poderían ser potenciais usuarios do novo Centro de Día, cando a enfermidade avance e as dúas sesións á semana deste centro sexan insuficientes.
O inmoble da Casa do Mar, sito na rúa Ezequiel Massoni, ten unha superficie total construída de 2.092 metros cadrados e ten a súa primeira planta baleira, despois de que as instalacións do Centro de Saúde se trasladasen ao novo edificio, inaugurado hai un par de anos e cunhas prestacións moito máis acordes ás necesidades da poboación marinense.

Anterior Activada a nova circulación en Concepción Arenal, onde xa se comeza a pavimentar unha das beirarrúas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados