O Concello aumenta a recollida de voluminosos e condena os verquidos incontrolados

O Concello aumenta a recollida de voluminosos e condena os verquidos incontrolados

28 abril 2021
A recollida de voluminosos é un servizo gratuíto que presta o Concello de Marín para mellorar a
xestión destes refugallos. Segundo os datos pasados por Recolte, a empresa que se encarga de realizar
este servizo na vila, “notouse un crecemento enorme de eliminación de voluminosos”, probablemente
motivado polo confinamento, as limpezas…
Deste xeito, desde hai varios meses o Concello levou a cabo unha campaña de concienciación á
cidadanía, coa colocación de adhesivos nas illas de colectores nos que se le a información do teléfono
ao que é preciso chamar antes de deixar os residuos, que días está operativo e en que horario chamar.
Esta información tamén se reforzou cun vídeo con estes datos na pantalla LED informativa do
Concello.
O teléfono de contacto é o 900 102 580, en horario de 09.00 a 13.00 horas. Ao chamar, os
responsables de Recolte xa indican cal é o colector no que é preciso deixar os voluminosos, que
pasarán ser recollidos pola empresa.
A pesar de que segue habendo moitas chamadas e moitos veciños cumpren, “seguen detectándose
verquidos incontrolados”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, polo que
desde o Concello procuran reforzar esta advertencia, lembrando que segundo se recolle na Ordenanza
Xeral de Protección Medio Ambiental, cometer infraccións desta índole pode conlevar multas de até
3.000 euros.
Con respecto á reciclaxe, destácase que hai tamén un lixeiro incremento na súa práctica, pero tamén e
sobre todo, tal e como explica Sanmartín, “trasládanos que no que respecta ao plástico cada vez
reciclamos mellor, reduciendo a porcentaxe de residuos impropios que acaban neste colector”.
Indícase a comparativa entre o 2018 e o 2020 na seguinte táboa:

Residuo                2018            2020
Colchóns              26 Tn          88 Tn
Madeiras              69 Tn         150 Tn
Colector amarelo 429 Tn.  491 Tn
Cartón                   270 Tn 498 Tn
Vidro                      272 Tn 380 Tn

Anterior O Concello e Depolgal lanzan unha campaña para concienciar á cidadanía da necesidade de trampear contra a velutina

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados