O Concello aumenta a área de estacionamento no Cemiterio de Santomé e mellora o trazado da estrada

O Concello aumenta a área de estacionamento no Cemiterio de Santomé e mellora o trazado da estrada

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada do concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas e de representantes da Comunidade de Montes de Santomé e da asociación do Cemiterio, visitaron esta mañá as obras que se levaron a cabo nas inmediacións do cemiterio de Santomé.

A Comunidade de Montes de Santomé xunto co Concello de Marín foron quen de levar a cabo esta obra adquirindo dúas parcelas para mellorar o trazado da estrada, así como para ampliar a zona de aparcadoiro. Os traballos consistiron na desmontaxe do terreo, ao que se lle aportou unha base de zahorra e unha capa de rodadura para pavimentar a área.

A mellora do trazado, ademais, permitiu resolver unha importante demanda da veciñanza de seguridade viaria, xa que a curva existente estaba considerada como un punto negro polos usuarios pola mala visibilidade que tiña.

Tanto por parte do Concello como da comunidade de montes destacan os bos froitos que da a colaboración entre ambos organismos de cara a mellorar espazos e servizos no eido rural.

Seguridade viaria e modernización

Esta actuación en Santomé encádrase dentro da estratexia de mellora que está levando a cabo o Goberno local no rural no que respecta á seguridade viaria, tal e como está a facerse na estrada que une A Brea e Ameal, na que se están a duplicar os puntos de luz para optimizar a visibilidade e reducir riscos.

Ademais, actuacións como a da Brea supoñen un paso máis na modernización dos servizos do rural de Marín, xa que as luminarias pasarán a ser de tecnoloxía LED, redundado nun aforro enerxético e, consecuentemente, tendo un menor impacto medioambiental.

Anterior A zona da Brea – Ameal contará cun novo alumeado LED para avanzar no aforro enerxético e mellorar a visibilidade

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados