O Concello aproba a Conta Xeral do ano 2018

O Concello aproba a Conta Xeral do ano 2018

O Concello de Marín aprobou onte no Pleno da Corporación municipal a Conta Xeral do 2018, despois de que os servicios técnicos e de intervención pechasen a contabilidade.
Esta conta xeral, que en palabras do concelleiro de Facenda, Manuel Santos, “representa a fiel imaxe da contabilidade do Concello”, foi presentada á Comisión Especial de Contas a finais de outubro. Despois, pasou por un período de exposición ao público no que non se presentou ningunha alegación.
No que respecta ao resultado da Liquidación do Orzamento, o total dos dereitos recoñecidos netos ascendeu a 15.707.028,70 euros, cunhas obrigacións recoñecidas netas de 15.801.028,77 euros. Unha vez realizados os axustes de desviación de financiación, obtívose un resultado orzamentario positivo de 400.116,11 euros.
Tamén arroxa un resultado positivo o remanente de tesourería para gastos xerais, que despois de que se realizasen os cálculos pertinentes, o resultado quedou en 4.860.553,58 euros.
Un concello sen débeda
Nos últimos anos, o Goberno local ven adoptando medidas de xestión coas que poder rebaixar o nivel de endebedamento de forma progresiva. Grazas a iso, no 2018 conseguiuse amortizar a débeda do millón de euros que aínda estaba pendente.
Desta maneira, na Conta Xeral refléxase un importe de débeda do 0% para o exercicio do ano pasado.
“Un ano de esforzo económico”
O concelleiro de Facenda afirma que o 2018 foi un ano “de moito esforzo económico”, dado que aumentaron as cantidades de inversión en obras e en melloras de servizos para avanzar no benestar da sociedade marinense.
Isto supuxo que se superase o límite de gasto, polo que o Goberno local tivo que encargar a elaboración dun Plan Económico Financieiro, que xa se aprobou no Pleno do pasado mes.

A elaboración deste instrumento é unha práctica habitual en moitos concellos galegos, debido ao cambio da normativa que marca os límites de gasto co obxectivo de evitar os incrementos de déficit. “Neste sentido”, subliña o concelleiro, “Marín está nunha situación totalmente saneada, precisamente por ter amortizada a débeda”.
As medidas que se propoñen no plan pasan, sobre todo, pola licitación dunha serie de servizos que repercutirán nun aforro futuro, como son o servizo de atención a domicilio, o subministro eléctrico, os servicios auxiliares do ciclo ca auga ou o mantemento dos xardíns, entre outros.
Santos considera que a elaboración deste plan é algo “positivo”, porque “abre a oportunidade a seguir mellorando na xestión e na regularización de certos contratos de servizos”.

Anterior A Corporación municipal vota por unanimidade a favor de loitar contra a ludopatía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados